Ourense acolle este mércores a preestrea de '+Cuñados', continuación da comedia máis exitosa do cinema en galego

O filme chegará aos cinemas o próximo día 19 de abril.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/04/2024 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

O Teatro Principal de Ourense acolle este mércores, 10 de abril, a preestrea da película '+Cuñados', que chegará aos cinemas o próximo día 19. Esta produción de Portocabo, que conta coa participación de Televisión de Galicia (ademais de RTVE e Movistar+, a Deputación de Ourense, a Denominación de Orixe Ribeiro e a Xunta de Galicia), dálle continuidade á exitosa comedia 'Cuñados', a maior estrea na historia do cinema en galego ata o momento. O acto contará coa presenza do elenco e do equipo da película, e de autoridades das institucións implicadas na súa produción.

O filme, rodado en galego, conta de novo con algunhas das caras máis recoñecidas do panorama audiovisual galego: Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez, Eva Fernández, María Vázquez, Iolanda Muíños e Mela Casal. A eles sumaranse, entre outros, os actores David Perdomo, Ivo Bastos, Ana Saltão e Nuno Sá. Nesta secuela de 'Cuñados', dirixida por Luís Avilés, a acción sitúase dous anos despois do sucedido na primeira película.

Esta nova aventura dos cuñados arrinca coa aparición dun cadáver xusto no medio da ponte internacional de Tui. A provincia de Ourense volve ser o escenario principal e a zona do Ribeiro tamén ten unha especial presenza nos acontecementos que se desenvolven na película.

'+Cuñados'
'+Cuñados' | Fonte: '+Cuñados'

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario

Ao contrario do pseudoalcalde de Ourense, a saga de " Cuñados" ten gracia, i é profesional.